Lowi mellora as súas tarifas
mércores, 17 de agosto do 2022
Os operadores de telecomunicacións de baixo custo continúan
a reaccionar aos prezos da súa competencia, achegando prezos que fan cada vez
máis accesible a banda larga fixa e móbil, e desta volta é Lowi, a compañía de
baixo custo de Vodafone, a que sorprende cunha
oferta de fibra e móbil que pode contratarse até o 31 de outubro e que por
36,90 euros/mes ofrece fibra óptica de 300 Mbps e 2 liñas móbiles con 20 GB de
datos cada unha (podendo compartir datos entre as liñas e poder acumular os datos
non utilizados até o mes seguinte).
Lowi tamén conta con outras ofertas bastante agresivas como liñas de fibra óptica
a 300 Mbps por 24,95 euros/mes (600 Mbps por 29,95 euros), liñas móbiles con
chamadas ilimitadas e 12 GB de datos por 7,95 euros/mes ou incluso liñas
adicionais para tarifas de fibra e móbil que parten de 2,95 euros/mes con
chamadas ilimitadas e 5 GB en chamadas.