Luigi’s Mansion podería ter modo multixogador local

martes, 22 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Para o mes de marzo está previsto o lanzamento dun dos títulos máis agardados para a Nintendo 3DS, Luigi’s Mansion: Dark Manson, secuela do Luigi’s Mansion que chegara ás GameCube europeas en 2002 e que está considerado como o título de lanzamento de máis éxito en tal consola, no que o irmán de Mario terá que resolver quebracabezas e aspirar pantasmas en mansións encantadas, cada unha cos seus retos e cunha grande variedade de pantasmas e perigosos xefes finais. Pero este xogo anunciado en 2011 aínda parece estar a agochar sorpresas, e segundo a súa páxina web oficial vai incluír un modo multixogador local.
Esta información aínda temos que collela con pinzas, pois actualmente xa non figura na páxina web, o que non sabemos se é por mor dun erro na versión anterior, ou simplemente queren ocultar tal característica ata que a anuncien oficialmente nun trailer no que amosen o que podería dar de si tal modo de xogo.


Manuel Curdi (Nintendo Ibérica) amosando o xogo na pasada edición do E3
ACTUALIZACIÓN (24-1-2013): Confírmase o modo xogador de Luigi’s Mansion e amósase nun vídeo:

PUBLICIDADE