MGS: Snake Eater</Em> fará un uso intensivo das prestacións da 3DS
luns, 13 de xuño do 2011
A Nintendo 3DS
está a ter problemas en buscar un lugar no mercado (tardou 13
semanas en superar o millón de unidades vendidas no Xapón, cando a DS
precisou só de 4 semanas, e á DS Lite e á DSi levoulles só 8 semanas chegar a
tal marca) o que poderÃa parecer consecuencia do seu elevado prezo de
lanzamento, pero que segundo parece responde máis ao seu catálogo de xogos
inicial, que pouco a pouco vai medrando, e que promete achegarlle unhas fortes
vendas para o Nadal. Entre os xogos que están a aparecer para a 3DS moitos
destacan de xeito crÃtico a predominancia de remakes, pero iso non terÃa por qué ser algo negativo,
especialmente se temos en conta que algúns tÃtulos non son unha translación
1:1, senón que achegan innovacións e aproveitan as peculiaridades da nova
portátil de Nintendo para provocar unha experiencia de xogo máis rica.
- O xogo levará os elementos de interface á pantalla inferior da Nintendo 3DS
Un exemplo desto último é o agardado Metal
Gear Solid: Snake Eater 3D, que aÃnda que inicialmente parecÃa un simple port do xogo homónimo para PlayStation
2, segundo imos avanzando de cara o seu lanzamento (agardado para novembro)
vemos que é algo máis, especialmente no que a mecánica de xogo se refire, pois
este tÃtulo non só presentará a imaxe da acción na súa pantalla 3D, senón que
tamén permitirá mover o punto de vista aproveitando o xiroscopio da 3DS (ou
sexa, inclinando a consola portátil) e movendo a interface de control (nos que
ver o mapa e seleccionar o armamento) á pantalla táctil da consola, tal
e como podemos ver no seu novo trailer (no que non falta unha pequena broma
cun cameo de Yoshi):