Mad Dog McCree terá versión para Wii

mércores, 17 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Algúns videoxogos clásicos resístense a deixarnos, e volven unha e outra vez para as distintas plataformas que van aparecendo, sendo o último retorno destacable o de Mad Dog McCree, xogo desenvolvido por Digital Leisure, que chega agora á Wii para devolver a gloria ao xogo de pistoleiros que estaba baseado en Laser Disc e amosaba en pantalla a actores reais aos que había que abater a tiros. A nova conversión do xogo será compatible co WiiZapper (accesorio que converte o mando da Wii nunha especie de pistola) e incorporará as 3 entregas do xogo orixinal (Mad Dog McCree, Mad Dog 2: The Lost Gold e The Last Bounty Hunter).
Mad Dog McCree Gunslinger Pack para Wii contará con 3 niveis de dificultade, 2 modos de xogo de ata 4 xogadores simultáneos. Chegará ao Reino Unido a finais de mes, pero aínda non se coñece a data de lanzamento en España.

No xogo teremos que usar a nosa puntería para disparar só aos nosos inimigos


Trailer de Mad Dog McCree para a súa versión de DVD, PC, Xbox e PS2

PUBLICIDADE