Maldita Castilla terá versión para consolas de videoxogos

venres, 1 de abril do 2016 Marcus Fernández

Don Ramiro enfrontarase a numerosas criaturas mitolóxicas en <em>Maldita Castilla</em>O desenvolvedor independente Juan Antonio Becerra Locomalito, que dende anos leva desenvolvendo como afección xogos de balde para PC nos que rende homenaxe a títulos clásicos entre os que destacan Maldita Castilla (homenaxe ao clásico Ghost’n Goblins), o nostálxico Gaurodan ou o impresionante shoot’em up espacial Hydorah, verá en breve como as súas creacións dan o salto a consolas de videoxogos grazas ao acordo que pechou con Abylight Studios, equipo de desenvolvedores que asegura que levará estas creacións ás principais plataformas de xogo actuais, para goce dos que medraron cos videoxogos de finais dos anos 80.
Os xogos non serán simples ports da versión para PC, senón que estarán revisados e ampliados, xa que trataranse de títulos comerciais e non ofrecidos de balde, e comezarán con Maldita Castilla, que ten previsto o seu lanzamento para o terceiro trimestre do ano, o que permitirá que podamos meternos na pel de Don Ramiro (personaxe inspirado no Cid Campeador) na súa loita para librar ao Reino de Castela dunha vaga de monstros e criaturas da mitoloxía medieval europea.

PUBLICIDADE