Mañá entran en vigor as novas tarifas europeas de roaming
venres, 29 de abril do 2016
O ano
pasado a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e o Consello de Europa acadaron
un acordo sobre o uso do móbil en itinerancia dentro do territorio da Unión,
coa grande decepción de que adiaron unha vez máis os prazos previstos para o
remate do sobrecusto polo roaming,
que non cesará até xuño de 2017, pero esta fin de semana entra en vigor o
regulamento transitorio cara a este importante cambio, o que supón unha baixada
xeral nas tarifas.
O novo contorno de tarifas que bota a andar o 30 de abril limita o recargo por
itinerancia en 5 céntimos/minuto nas chamadas que fagamos dende outro paÃs da
U.E., en 2 céntimos nas mensaxes de texto e en 5 céntimos por cada megabyte de
datos, pero estamos a falar das subas máximas permitidas para os operadores,
pero algunhas compañÃas optaron por adiantar o seu calendario e, por exemplo, Vodafone
eliminou o sobrecusto do roaming en
EE.UU. e Europa para todas as súas tarifas de contrato (sempre que
activemos tal opción).
Cómpre lembrar que a aÃnda que se anunciou que o 15 de xuño os recargos por roaming non se poderán aplicar na Unión
Europea, como se viña reclamando dende hai moitos anos, iso non é rigorosamente
certo, senón que temos que matizar que só acontece con usos puntuais, estando
previstas medidas para evitar que nun paÃs se empreguen tarifas móbiles doutro
paÃs europea, pois iso crearÃa unha importante distorsión da competencia do
mercado da telefonÃa móbil a nivel europeo.
Anuncio televisivo co que Vodafone dá conta da súa nova tarifa europea de roaming sen recargo