Mantén fresca as túas bebidas mentres escoitas música

luns, 17 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Coa proximidade do verán aparecen novos trebellos para complementar a nosa tecnoloxía, coma unha bolsa isotérmica pensada para transportar os nosos refrescos mantendo a súa temperatura, pero que destaca por integrar uns altofalantes resistentes á auga que se poden conectar a un iPod ou a outro tipo de reprodutores multimedia, precisando para a súa amplificación de 4 pilas AA.
A orixinal bolsa enfriadora se vende en tres cores/deseños (James Dean, Techno Fleur Red e Paradise) por 47,99 dólares (30,87 euros).

PUBLICIDADE