Mario Kart 8 para Wii U sairá á venda o 30 de maio
xoves, 13 de febreiro do 2014
- Espérase que Mario Kart 8 contribúa a mellorar as vendas de Wii U
Esta noite puido seguirse un novo Nintendo Direct, o primeiro de 2014, que desvelou toda unha baterÃa de datas de lanzamento e detalles de vindeiros tÃtulos para Wii U e Nintendo 3DS entre os que destaca Mario Kart 8, xogo para a consola doméstica de Nintendo que sairá á venda o 30 de maio, e que está a crear bastante expectación por ser un dos xogos máis agardados para Wii U e por contar con novidades como poder controlar aos secuaces de Bowser nas carreiras.
- Little Mac aparecerá en Super Smash Bros.
Sobre outros tÃtulos moi agardados publicáronse novos detalles, de xeito que
puidemos ver algo máis sobre Bayonetta 2
e sobre Super Smash Bros. (confirmándose
que neste último fará acto de presenza Little Mac, personaxe da serie Punch Out!!).
A Nintendo 3DS ampliará considerablemente o seu catálogo en 2014, de xeito que en
maior sairán Mario Golf: World Tour e
Kirby: Triple Deluxe; a Nintendo
eShop incorporará Pokémon Link: Battle! o
vindeiro 13 de marzo; e para celebrar o lanzamento de Yoshi’s New Island o 14 de marzo tamén teremos unha edición
especial de Yoshi da Nintendo 3DS XL.
Tamén podemos destacar que hoxe mesmo estreouse na Nintendo eShop unha versión de balde de Steel Diver: Sub Wars, primeiro tÃtulo para 3DS que chega baixo a fórmula do free-to-play.
Estas e moitas outras novidades puideron verse no vÃdeo publicado hoxe: