Mario Kart Tour estrea modo multixogador
luns, 9 de marzo do 2020
A función máis agardada do Mario Kart Tour xa está
aquÃ, e por fin podemos gozar deste xogo de competición sobre rodas enfrontándonos con até 7 xogadores
máis, podendo elixir a rivais que estean na nosa listaxe de amigos, a xogadores
que se atopen preto (para o que debemos autorizar o acceso á nosa localización)
ou a xogadores de calquera parte do mundo.
As carreiras normais estarán dispoñibles para todos os xogadores, mentres que
as carreiras douradas serán exclusivas dos que teñan unha subscrición ao pase
dourado do xogo (que custa 5,49 euros/mes).
A actualización que incorporou o modo multixogador tamén achegou a función de cámara,
que permite mover o punto de vista mentres o piloto compite, de xeito que
podemos ver a carreira dende distintos ángulos.
Lembremos que Mario Kart Tour é un xogo de balde (con compras dentro da
aplicación) dispoñible
para iOS e para
Android, que supón unha simplificación do Mario Kart de consola para
adaptalo ás limitacións de interface propias das pantallas táctiles, e que
tamén ten como grande elemento diferenciador o xogarse coa pantalla en vertical,
o que pode considerase unha importante eiva para un xogo deste tipo. Temos asÃ
que as diferenzas entre o Mario Kart Tour e o xogo para Nintendo Switch
son tan grandes que fan posible que o xogo tradicional non se vexa vampirizado
pola súa versión móbil.
VÃdeo no que presentan o multixogador de Mario Kart Tour