Mario Tennis Open terá modo multixogador en liña

xoves, 23 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A conferencia de Nintendo Direct confirmou onte que o xogo Mario Tennis Open chegará as tendas españolas o 25 de maio, apostando pola diversión como a súa principal baza, pero destacando especialmente por estrear un modo on line a 4 bandas, contando tamén con modo local ad hoc. O xogo tamén contará con táboas de clasificacións en liña para impulsar o espírito competitivo e permitindo tamén o uso do noso Mii durante os partidos.
Para rematar coa serie de anuncios sobre o que parece que será un xogo tan divertido como carente de pretensións, veñen de publicar o que será a súa portada, polo que agora parece que só queda agardar a que chegue ao mercado para poder pórlle a man enriba para introducilo na fenda de cartuchos da Nintendo 3DS e gozar así das moitas horas de amenas partidas cos nosos amigos.

JPEG - 111.2 KB
Portada que terá Mario Tennis Open cando chegue ás tendas a finais de maio

PUBLICIDADE