Mark of the Ninja saltará ao PC en outubro

luns, 24 de setembro do 2012 Marcus Fernández

A primeiros de mes chegou o Bazar de Xbox LIVE o xogo descargable Mark of the Ninja, que colocábanos na pel dun poderoso pero fráxil ninja que ten que facer grande uso do sixilo e da escuridade para derrotar aos seus inimigos, pero este título de Klei Entertainment non estará limitado só a usuarios da Xbox 360, senón que a partir do 16 de outubro tamén poderá adquirirse para PC a través de Steam a un prezo 14,99 dólares (11,59 euros).
A nova versión do xogo estará adaptada para poder empregarse con teclado e rato, así como cun mando tradicional, e o seu xefe de deseño, Nels Anderson, asegurou que será unha versión completa do xogo e non unha simple adaptación a outra plataforma.


Vídeo no que se anuncia o lanzamento do xogo para PC en Steam

PUBLICIDADE