Marvel Puzzle Quest chega a Xbox One

venres, 5 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O xogo de quebracabezas Marvel Puzzle Quest, que mestura superheroes e superviláns da Marvel en enfrontamentos épicos, chega por fin a Xbox One a un prezo de 14,99 euros, como tamén acontece coa versión para PlayStation 4, en contraste co que acontece coas versións para PC, iOS e Android, que optan por manterse nun ­free-to-play puro (as versións de consola tamén inclúen compras dentro da aplicación).
Este xogo vén a ser unha mestura entre o clásico Bejeweled (no que tamén se inspiran xogos como os da saga de Candy Crush) e o rol, permitíndonos formar equipos co Capitán América, Iron Man, Hulk, Loki, Spider-Man, Venom... e incluso a nova Thor feminina (que estreouse nos videoxogos con este título).
Marvel Puzzle Quest permite enfrontamentos con outros xogadores en local e en liña, así como a participación en eventos guionizados por autores de banda deseñada, facilitando así que este título se vaia adaptando aos cambios que sufre cada certo tempo o Universo Marvel.

Marvel Puzzle Quest foi o primeiro xogo no que puido verse á nova Thor

Anuncio do xogo

PUBLICIDADE