Marvel vs Capcom 2 chega á Xbox 360
mércores, 29 de xullo do 2009
Tras varios meses
de espera chega
ao Bazar de Xbox LIVE a revisión do clásico xogo de recreativas Marvel
vs Capcom 2, que adapta os gráficos do xogo orixinal á alta
definición mediante o uso de certos filtros (en vez de partir de deseños
redebuxados coma fan outros produtos semellantes coma o impresionante Super Street Fighter II Turbo HD ReMix)
e achega un total de 56 personaxes que poderán enfrontarse por quendas en
equipos de 3, combinando a personaxes da Marvel (Lobezno, Spider-Man, Iron Man, etc.) cos de distintos xogos de
Capcom (Ryu, Ken, Chun-Li, etc.). O prezo deste tÃtulo é de 1.200 puntos (14,4
euros).
Polo momento este remake só está
dispoñible para Xbox 360, aÃnda que chegará
á PlayStation 3 no mes de agosto e cómpre destacar que xa fora
levado a outras consolas de videoxogos no pasado (concretamente á Dreamcast, á PlayStation 2 e á Xbox
orixinal).
A conversión parece estar moi conseguida, e dende a web especializada en
videoxogos Eurogamer xa a
puntuaron cun 9 sobre 10, deixando claro que é un dos mellores xogos
de loita en 2D que podemos atopar para as consolas de videoxogos actuais,
principalmente pola súa xogabilidade.