Marvel vs Capcom 2 chegará a iOS o vindeiro mércores

venres, 20 de abril do 2012 Marcus Fernández

Pese a que as interfaces táctiles non son as máis axeitadas para os xogos de loita, non son poucos os títulos que están a chegar aos smartphones, e o vindeiro 25 de abril destacará especialmente o lanzamento do clásico Marvel vs. Capcom 2 para iPhone, que permitirá enfrontar a 28 personaxes da Marvel e outros 28 de Capcom en combates de 3 contra 3.
A recuperación deste xogo parece todo un acerto, pois este título demostrou ser todo un acerto, confirmado tras ver o ben que funcionou a súa secuela nas actuais consolas de videoxogos, e que pese a ser un título do ano 2000, xa contou cunha remasterización para Xbox 360 e PlayStation 3 en 2009, que aplicaba filtros para facer máis soportable a súa execución en alta definición.

JPEG - 61.3 KB
O enfrontamento de 56 personaxes de Marvel e Capcom, e unha boa xogabilidade converteron a este título en todo un clásico

PUBLICIDADE