Marvel vs. Capcom: Infinite chega ás tendas
martes, 19 de setembro do 2017
Un dos xogos de loita máis esperados do ano xa está aquÃ, Marvel
vs. Capcom: Infinite, tÃtulo que supón a colisión do Universo Marvel co
dos personaxes dos videoxogos de Capcom, permitindo asà gozar de enfrontamentos
imposibles e sumamente espectaculares, nos que os xogadores poderán gozar tanto
dun desafiante xogo indivisual como de modos multixogador. Máis de 30
loitadores forman o cadro de personaxes inicial, e o xogo pode adquirirse por
59,99 euros nas súas versión para
PlayStation 4 e Xbox
One, e por 49,99 euros na súa versión
para PC.
Quen queira gozar do modo historia de Marvel
vs. Capcom: Infinite poderá vivir unha aventura na que os loitadores que
elixamos terán que enfrontarse á combinación dos malvados robóticos Sigma e
Ultrón, que como Ultrón Sigma pretenden infectar a toda a vida biolóxica dos
universos dos que proceden. Os combates non só terán a participantes moi
coñecidos, senón que tamén serán recoñecibles os escenarios onde terán lugar as
contendas de 2 contra 2.
Aparte dos loitadores iniciais, os usuarios que se fagan coa edición de luxo
recibirán tamén un pase de tempada para desbloquear no futuro a 6 personaxes
adicionais: Sigma, Pantera Negra, Monster Hunter, Venom, Soldado de Inverno e
Viúva Negra.
Tráiler de lanzamento de Marvel vs. Capcom: Infinite