MasterCard trae a España o seu sistema de verificación de identidade mediante selfies
martes, 4 de outubro do 2016
Para conseguir unhas transaccións económicas máis seguras
dende MasterCard levan tempo flirteando coa biometría, e agora está
a levar as súas probas da tecnoloxía Identify
Check Mobile a varios países europeos (Austria, Bélxica, República
Checa, Dinamarca, Finlandia, Alemaña, Hungría, Países Baixos, Noruega, Suecia,
Reino Unido e España) despois de experimentarse coa mesma nos EE.UU. e Canadá,
de xeito que para o ano que vén pretenderían implantar globalmente o seu
sistema de verificación de identidade a través de selfies.
Esta solución de MasterCard buscaría evitar os problemas de ter que teclear
longos contrasinais, e a través dunha aplicación móbil facilitaría a
identificación do usuario mediante pegada dixital ou selfie, sendo esta última opción a máis curiosa, pola súa reducida
fiabilidade (aínda que a aplicación pide ao usuario que pestanexe para distinguilo
dunha fotografía).
Este sistema de verificación pretende axilizar enormemente o proceso de pagamento
da nosas compras en liña, aínda que falta por ver se consegue imporse este
método ou ten que ceder o relevo a tecnoloxías de compañías como Apple, Samsung
ou Google.
Vídeo de demostración da tecnoloxía Identify Check Mobile