MeLiSA achega os estudos de bacharelato ao centro penitenciario de Monterroso
martes, 30 de novembro do 2021
O colectivo MeLiSA vén de instalar un novo servidor na localidade de
Monterroso para os alumnado de bacharelato do penitenciario. Segundo
informaron, este equipo informático foi cedido polo IES
San Clemente de Santiago e permite o acceso ás guías das
diferentes materias de bacharelato.
Os voluntarios da asociación de software libre MeLiSA, con base en
Melide, remataron as últimas tarefas de instalación e configuración
deste servidor, que permitirá que os internos do centro
penitenciario de Monterroso poidan acceder ás guías das diferentes
materias do bacharelato.
Mediante os equipos informáticos, os internos terán a posibilidade
de acceder aos contidos publicados polo instituto de igual xeito que
se estiveran no exterior. Estas guías veñen dispostas por quincenas
e a por avaliación e engloban as diferentes materias do bacharelato.
Os contidos destas guías foron desenvolvidos por equipos de traballo
conformados por profesorado de diferentes centros educativos galegos,
coordinados polo IES San Clemente e con financiamento da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade. Os beneficiarios deste servizo
non só terán dispoñibles as guías, senón que tamén se
incorporarán gravacións das clases presenciais nas aulas. Isto ten
como obxectivo “facilitar o estudo e a organización dos internos
co resto de tarefas e actividades que teñan programadas ao longo do
curso escolar”.
O equipo de voluntarios melidaos que conforman MeLiSA agradeceu tanto
o apoio do centro penitenciario, como o do profesorado do IES San
Clemente, así como a colaboración do seu xefe de estudos, Víctor
Lourido, na posta en marcha da iniciativa.