Medal of Honor agocha aos talibáns no seu modo multi-xogador
luns, 4 de outubro do 2010
A polémica está a
converterse nunha tónica habitual nos grandes xogos de acción en primeira
persoa con ambientación bélica coma Call
of Duty, ou iso parece se atendemos ao que está a acontecer agora coa
recuperación da franquÃa Medal of Honor,
agora ambientada
na guerra de Afganistán, que por mor da presión popular tiveron que eliminar a
posibilidade de poder manexar ao bando talibán nas partidas multi-xogador,
aÃnda que para facer tal sen ter que refacer todo o tÃtulo limitáronse a
cambiar o nome de talibán polo de forza opositora.
Esta medida adoptada polos responsables do xogo de Electronic Arts está a ser
moi criticada, pois supón un perigoso precedente, xa que a auto-censura non é o
máis desexable nos xogos que buscan certo realismo. Dende o Exército
norteamericano criticaban a posibilidade de manexar aos talibáns no xogo
asegurando que non
pode aplicarse á unha guerra en curso unha analoxÃa como a dos policÃas e
ladróns ou os indios e os vaqueiros, pese a que dende EA
aseguraban todo o contrario, de aà que resulte difÃcil de entender que
desen o seu brazo a torcer.
Novo trailer de Medal of Honor