Medal of Honor chega ás tendas esta semana

mércores, 13 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Aproveitando que o novo Call of Duty non chega ás tendas ata o mes que vén, Electronic Arts está a distribuír unha nova entrega de Medal of Honor para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que sairá oficialmente o vindeiro venres (aínda que non sería de sorprender que mañá comeza a súa venda en numerosas tendas) e que suporá unha interesante renovación desta franquía que xa ten 10 anos de vida, e que agora leva a acción a Afganistán fuxindo da Segunda Guerra Mundial (como tamén fai Treyarch co seu CoD: Black Ops).
O novo Medal of Honor integra ao xogador nos Tier 1 Operators, un grupo de forzas especiais que opera alí onde a misión non pode fallar, e que neste título combinará unha emocionante visión da guerra de Afganistán nunha campaña para un xogador (creada por Danger Clos) á vez que tamén presentará un intenso modo multi-xogador (obra de DICE).
Os usuarios de PlayStation 3 recibirán de balde co xogo un remake en alta definición do vello Medal of Honor: Frontline, ambientado no desembarco de Normandía.


Trailer de lanzamento do novo Medal of Honor

PUBLICIDADE