Memorias USB de Verbatim para escoitar música no automóbil
mércores, 16 de marzo do 2011
- Estas memorias USB de Verbatim teñen un tamaño moi reducido
Pensando
nos equipos musicais dos automóbiles que reproducen música en MP3 e outros
formatos a partir de unidades de memoria USB levou a Verbatim a comercializar
as súas memorias
Store ‘n’ Go Audio USB, que cunhas medidas de só 14,85 x 17,15 x 7,7
milÃmetros que só sobresaen 5 milÃmetros ao estar conectadas a un porto USB, de
xeito que resultan case invisibles.
AÃnda que este tipo de unidades non son unha grande novidade, Verbatim venderá
unha de 8 Gb orientada ao seu uso en coches a un prezo de 15 euros, en vez de
promover a súa compra entre usuarios de ordenadores portátiles (entre os que
tamén son populares estas memorias de tamaño reducido, por non ser precisa a
súa extracción durante o transporte dos equipos).