Messenger Rooms xa é unha realidade
xoves, 14 de maio do 2020
A
finais do mes pasado Facebook anunciou Messenger Rooms, un servizo de
chamadas de vÃdeo grupais nas que os usuarios de Facebook e Messenger poden xuntarse
en salas dende as que poder convidar a persoas que poden participar incluso sen
conta de usuario en Facebook, até un máximo de 50 usuarios por sala e sen
lÃmite de tempo (buscando este último detalle atraer a usuarios de Zoom que non
queren pagar para poder realizar xuntanzas de máis de 40 minutos).
Dende Facebook non concretaran cando serÃan unha realidade Messenger Rooms, e
finalmente hoxe
anunciaron o espallamento global desta funcionalidade, ou sexa, que boa
parte dos usuarios de Facebook xa poden crear estas novas salas de conversas en
vÃdeo para relacionarse con amigos, familiares ou simplemente outras persoas
coas que comparten intereses. As salas de Messenger poden crearse tanto a
través de Facebook como de Messenger, e estas salas funcionan tanto vÃa web
como a través das aplicacións de Messenger para móbiles e ordenadores persoais
(para o que é preciso contar con versións actualizadas).