Meta Quest flexibilizará a disposición dos paneis de aplicacións
mércores, 3 de xullo do 2024
Nos vindeiros dÃas comezar a distribución da actualización do software dos visores Meta Quest á súa versión 67, destacando pola incorporación de soporte experimental para mover e reorganizar aplicacións 2D no contorno de inicio, de xeito que xa non se limita a disposición a 3 paneis agrupados, senón que será posible movelos no espazo, adaptándose mellor ao contorno.
Coa actualización poderase organizar até 3 paneis xuntos, para despois colocar até 3 paneis máis onde se queira, conseguindo asà un contorno multitarefa moito máis versátil; e cando precisemos dunha maior inmersión nunha aplicación concreta poderemos premer no botón de Vista de Cine na barra de control para que o panel se expanda automaticamente e atenúe todo o demais, o que resulta ideal para ver pelÃculas, pero que tamén pode resultar atractivo para editar documentos ou navegar pola web.
Tamén están a potenciar aos contidos de creadores dentro do Horizon Feed, buscando asà que a experiencia dos visores sexa máis social.