Meta deixará de supervisar as contas de Trump en Facebook e Instagram

venres, 12 de xullo do 2024 Marcus Fernández

A instigación de revoltas por parte de Donald J. Trump en xaneiro de 2021 levou á que as principais plataformas sociais adoptasen medidas, bloqueando as contas do presidente saínte dos EE.UU.
Dende Meta indicaran que a suspensión de Trump en Facebook e Instagram tería un límite de 2 anos, sempre que cumprise as condicións que facilitasen o seu regreso, e en 2023 acordaron a restauración das mencionadas contas.
Aínda que Trump leva xa un tempo moi activo en redes (coa excepción de X/Twitter), principalmente de cara á súa carreira cara ás vindeiras eleccións presidenciais, dende Meta confirman agora o levantamento total das restricións que tiñan impostas a Trump, principalmente polo feito de que se aproxima a proclamación oficial da candidatura presidencial.
Deste xeito Meta deixará de supervisar as publicacións de Trump de xeito pormenorizado, por entender que a cidadanía ten o dereito de escoitar o que teñan que dicir os candidatos á presidencia dos EE.UU. aínda que promovan discursos de odio e incluso inciten á violencia.