Metal Gear Rising: Revengeance chegará a Europa o 19 de febreiro

xoves, 16 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Afastándose da saga de Metal Gear Solid, pero dentro do mesmo universo que as aventuras de Solid Snake, o 19 de febreiro teremos nas tendas o agardado xogo Metal Gear Rising: Revengeance, proxecto abandonado por Kojima Productions e retomado por Platinum Games, o que permitiu que un título que inicialmente parecería unha historia de infiltración, será finalmente unha aventura frenética e salvaxe segundo podemos ver no trailer que estrearon co gallo da Gamescom.
O xogo sitúase nun futuro próximo, coa tecnoloxía cyborg convertida en algo común na sociedade e con numerosas compañías militares privadas descontroladas tras o desmantelamento dos Patriots e convertidas en organizacións criminais. En tal momento Raiden, de Maverick Security, e coñecido personaxe da saga de Metal Gear, deberá utilizar as súas habilidades marciais potenciadas ciberneticamente para devolver a xustiza ao mundo.


Novo trailer de Metal Gear Rising: Revengeance

Raiden empregará as súas habilidades melloradas para devolver a xustiza ao mundo

PUBLICIDADE