Metal Gear Solid: Peace Walker estrea demo en inglés

xoves, 17 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Durante o Tokyo Game Show 2009 que tivo lugar en setembro presentouse unha versión de demostración do xogo para PSP Metal Gear Solid: Peace Walker, que estaba en xaponés, o que dificultaba ao público occidental o seu xogo (aínda que na web apareceron guías para poder xogar parcialmente a cegas) o que agora arranxan distribuíndo a través da PlayStation Store unha nova versión de demostración coas mesmas 4 misións que a anterior, pero presentando os textos en pantalla en inglés, o que agradecerán os seguidores das aventuras de Solid Snake e incluso os que queiran facer un primeiro achegamento a esta extraordinaria franquía que en 2010 tamén contará con entrega para as consolas domésticas de alta definición.

PUBLICIDADE