Microsoft Flight Simulator chega á nube de Xbox

martes, 1 de marzo do 2022 Marcus Fernández

O Microsoft Flight Simulator é un dos xogos máis esixentes que hai na actualidade, precisando para correr un ordenador persoal de alta gama ou unha consola de nova xeración, pero esta limitación para chegar ao grande público vén de superarse grazas ao servizo de xogo na nube de Xbox, que vén de incorporar este título no seu catálogo, de xeito que dende smartphones, tabletas, ordenadores de baixa gama e incluso consolas Xbox One é posible gozar deste impresionante simulador de voo con gráficos até Full HD a 30 imaxes por segundo.
Que o poder da nube facilite que usuarios de Xbox One poidan xogar dun xogo deseñado para Xbox Series X|S é un soño para motos xogadores, que vén como mentres as consolas de nova xeración continúan sen poder adquirirse con normalidade por falta de existencias é posible gozar aos seus xogos incluso dende dispositivos móbiles, gozando de todos os contidos que vai recibindo o Microsoft Flight Simulator e podendo incluso tirar proveito dos modos multixogador.

Vídeo co que se anuncian que Microsoft Flight Simulator chega a Xbox Cloud Gaming

PUBLICIDADE