Microsoft Flight inicia o seu voo de balde

xoves, 1 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Os afeccionados aos simuladores de voo xa poden descargar de balde o agardado Microsoft Flight, xogo para PC totalmente novo que adapta o clásico Flight Simulator ao modelo de negocio do free –to-play, de xeito que os usuarios poderán explorar de balde a Illa Grande de Hawai, controlando co rato e os controis que personalicen distintas avionetas completando misións para demostrar a súa pericia, de xeito que, se queren desbloquear máis avións, desafíos e o resto de illas hawaianas deberán adquirir o Pack de Aventuras Hawaianas por 19,99 euros, que será a primeira das numerosas ampliacións coas que contará este simulador.
Tamén é posible adquirir por 7,99 euros o caza histórico North Amercian P-51 Mustang, e por 14,99 o robusto avión Maule M-7-260C, completando as posibilidades deste xogo que de balde xa ofrece o biplano Boeing Stearman. Co Pack de Aventuras Hawaianas tamén se inclúe a avioneta bipraza monomotor Vans RV-6A. Os avións que custan 7,99 euros corresponderanse a modelos básicos que só contan con vistas exteriores, mentres que os modelos de luxo (á venda por 14,99 euros) incluirán tamén a vista de cabina.


Trailer de lanzamento do Microsoft Flight

O Maule M-7-260C é un dos avións que pode adquirirse no xogo mediante pagamento

PUBLICIDADE