Microsoft cre que 10 anos é tempo dabondo para desenvolver unha alternativa a Call of Duty
martes, 21 de marzo do 2023
Nun momento
no que parece que van desaparecendo os atrancos para a compra de Activision Blizzard
en EE.UU. e Europa, o principal territorio no que a adquisición está en dúbida
é Reino Unido, onde eran bastante receptivos ás protestas de Sony, compañÃa que
aseguraba que o dominio de Microsoft sobre a franquÃa de Call of Duty
provocarÃa un dano irreparable para a competencia.
Agora coñécese a
resposta de Microsoft ás acusacións de Sony, deixando en bastante mala
situación os argumentos da compañÃa nipoa. Lembremos que Microsoft
comprometeuse a lanzar as distintas entregas de Call of Duty para
consolas de Nintendo e incluso para plataformas de streaming da competencia
durante un perÃodo de 10 anos, salientando que este mesmo acordo tamén poderÃa
aplicarse a consolas PlayStation.
Lembremos que un perÃodo de 10 anos non só chegarÃa até a vindeira xeración de
consolas (que aÃnda non sabemos cando chegará), e Microsoft non só pensa que o
prazo é xeneroso, senón que tamén argumenta que se Sony considera que non poderÃa
ter unha PlayStation sen dita franquÃa, 10
anos é prazo máis que suficiente para desenvolver alternativas a Call of
Duty.
Cómpre salientar que Microsoft tampouco ten ningunha intención de facer que Call
of Duty pase a ser unha franquÃa exclusiva das súas máquinas, especialmente
se as consolas de PlayStation manteñen unha cota de mercado semellante á actual,
pois non terÃa moito sentido deixar de lado á meirande parte de xogadores
(provocando unha caÃda de ingresos xigantesca), e tampouco podemos esquecer que
Minecraft pertence actualmente a Microsoft e está dispoñible en cantas
máis plataformas mellor. En contraste, Sony e a compañÃa que conta con máis
grandes franquÃas en exclusiva, e incluso a que paga a máis estudios para que
os seus xogos non vexan a luz en consolas de Microsoft, polo que resulta
bastante demagóxico que Sony estea a denunciar a Microsoft ante o temor de que
replique as súas prácticas.
As autoridades británicas deben das a coñecer a súa decisión sobre a adquisición
de Activision Blizzard até o 26 de abril.