Milktape, a unidade USB con forma de casete
venres, 3 de xaneiro do 2014
Os nostálxicos que gustaban de agasallar aos seus coñecidos
cintas de música recompiladas por eles mesmos, escribindo na súa caixa os temas
rexistrados e incluso adornando a cinta con adhesivos personalizados, poderán
agora recuperar esta práctica dun xeito orixinal grazas a Milktape, un produto que está á venda por
15 dólares (ao cambio sae por 15,44 euros con gastos de envÃo incluÃdos) e que
consiste nunha memoria USB de 128 Mbytes que vén integrada nunha carcasa de
casete, incluÃndo adhesivos e incluso unha portada para a súa personalización
como nos vellos tempos.
Esta compañÃa non deixa a cousa aÃ, e tamén ten o servizo USBtape, co que permiten a creación de
cintas personalizadas en grandes cantidades, pensando na súa entrega en actos
promocionais ou celebracións, de xeito que pode entregarse unha unidade USB de
128 Mb, 256 Mb ou 1 Gb con forma de caseta aos asistentes a un evento. Neste
caso os prezos parte de 8,50 dólares para 50 unidades, reducÃndose ata 5
dólares cada unidade para pedidos de 1.000 cintas (a estes prezos haberÃa que
engadirlle distintas opcións de personalización que van dende a impresión das
cintas ata a carga de contidos nas unidades de memoria).
- Con Milktape podemos recuperar a práctica da casetes con recompilacións musicais
VÃdeo promocional de Milktape