Minecraft, It Takes Two, Football Manager e Forza Horizon 5 chegan a Game Pass
mércores, 3 de novembro do 2021
O
catálogo de xogos do Xbox Game Pass vai mellorar considerablemente no mes de novembro,
de xeito que onte mesmo recibiu o xogo Minecraft: Java and Bedrock Editions
na súa versión para PC e mañá, grazas á integración de EA Play, inclúe tamén un
dos xogos revelación do último ano, It Takes Two, tÃtulo de acción e
aventuras que destacou por ter que xogarse de xeito cooperativo, achegando unha
experiencia única (especialmente para parellas) da que podemos gozar en consola,
PC e a nube.
O 9 de novembro os xogos que chegarán ao Game Pass tamén son moi importantes,
xa que por unha banda teremos o Football Manager 2022 para PC (grande
referente no xénero dos simuladores de xestión de clubs de fútbol) e o Football
Manager 2022: Xbox Edition, asà como o xogo de condución Forza Horizon 5
para consola, PC e a nube.
Para pór a guinda ao pastel, o 11 de novembro chegará ao Game Pass na súa
versión de consola Grand Theft Auto: San Andreas – The Definitive Edition,
ou sexa, que este clásico moderno pode gozarse en consolas actuais con
actualizacións que manteñen fresco un xogo que deixou unha fonda pegada, sendo
chave no éxito das seguintes entregas da franquÃa de GTA.
Aparte dos xogos mencionados, tamén chegarán ao Xbox Game Pass varios tÃtulos
independentes: Unpacking, Kill It with Fire e One Step from
Eden.
- It Takes Two é un xogo cooperativo que causou sensación, e que agora está ao alcance dos millóns de subscritores do Game Pass