Minecraft chega esta semana ás consolas de nova xeración
venres, 5 de setembro do 2014
O fenómeno do mundo dos videoxogos máis salientable dos
últimos anos é para moito o xogo Minecraft,
que pese a ser unha produción independente, conseguiu un grande impacto global,
especialmente entre os máis novos, e o feito de que os seus gráficos fosen moi
básicos non fixo que a súa demanda entre os usuarios de novas consolas fose
reducida, e esta semana o tÃtulo de Mojang estreouse nas consolas de nova
xeración.
Minecraft
PS4 Edition foi a primeira versión de nova
xeración en ver a luz esta semana, a través da PlayStation Store
a un prezo de 18,99 euros, aÃnda que os usuarios que posúan Minecraft PS3 Edition (en soporte fÃsico
ou descargable) poden actualizar directamente á versión de PS4 pagando só 3,99
euros. Pero o prezo rebaixado non é a única vantaxe que se ofrece aos
anteriores xogadores de Minecraft,
senón que tamén será posible importar as partidas gardadas para continualas na
nova consola.
A mesma xogada fixo Microsoft, e Minecraft:
Edición Xbox One púxose hoxe mesmo á venda por 18,99 euros, tamén con
rebaixa para os usuarios que tiveran o xogo en Xbox 360. Os usuarios de Xbox
360 que agora gocen do xogo na Xbox One tamén poderán
descargar de balde os contidos descargables que adquirisen anteriormente e
importar a súas vellas partidas (neste último caso é preciso ter instalada
a última versión de Minecraft:
Edición Xbox 360 para poder exportar as partidas gardadas).