Minecraft estrea versión para Chromebook
mércores, 7 de xuño do 2023
O Minecraft
non só é un dos xogos máis populares de todo o mundo, senón que tamén destaca
por estar presente nun grande número de plataformas, ás que agora podemos
engadir os Chromebooks, ordenadores portátiles cun sistema operativo de
Google baseado na web, que gozan de grande popularidade especialmente no sector
educativo estadounidense.
Os usuarios dun Chromebook poden acudir agora á Google Play Store e facerse con
Minecraft:
Bedrock Edition, o que ábrelles as portas do Minecraft Marketplay e a
posibilidade de xogar nos Realms. O xogo precisa para funcionar como mÃnimo
ChromeOS 111, 4 GB de RAM e 1 GB de almacenamento libre, polo que practicamente
funciona en todos os Chromebooks vendidos nos últimos 3 anos.
Cómpre salientar que os usuarios que paguen polo xogo para Chromebook non terán
que volver pasar por caixa no xogo para Android sempre que se identifique coa
mesma conta en ambas plataformas.
VÃdeo co que anuncian a chegada de Minecraft aos Chromebooks