Mirror’s Edge terá versión para PC en xaneiro

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas de videoxogos españolas Mirror’s Edge, o xogo de Electronic Arts que non convida a percorrer unha cidade futurista realizando acrobacias típicas do parkour, e que gozou de moi boa acollida por parte da crítica e de todos os que descargaron a súa demo para PS3 e Xbox 360, pero os usuarios de PC estarán contentos de saber que o estudo que desenvolveu o xogo confirmou que para o mes de xaneiro contará cunha versión para os seus equipos coincidindo coa publicación de contido descargable para a versión de consola (que alongará así a vida deste impresionante xogo).
Está por ver cómo farán que Mirror’s Edge se poida manexar axeitadamente dende o ordenador, posto que a interface de uso é unha das chaves do éxito deste título que é un dos máis interesantes desta campaña de Nadal, tanto pola súa excelencia técnica como pola súa orixinalidade.

PUBLICIDADE