Mobo, o ultraportátil de baixo custo para o Brasil

xoves, 8 de maio do 2008 Marcus Fernández

Positivo Informática presentou este mércores no Brasil un ordenador ultraportátil que chegará o vindeiro día 23 ás tendas brasileiras por 999 reais (385,20 euros) que segundo Hélio Rotenberg, presidente da empresa, é o único portátil que se vende por debaixo do milleiro de reais no país.
Este novo equipo chámase Mobo, funciona con Windows XP, pesa 1,1 quilogramos, ten unha pantalla de 7 polgadas, un procesador a 1,0 GHz, 512 Mb de RAM, 2 Gb de almacenamento nun disco de memoria sólida, webcam, Wi-Fi e 2 portos USB, ou sexa, que se trata da versión brasileira do Airis Kira 100.
Dende Positivo Intel queren destacar que a comercialización deste equipo non supón o abandono do Classmate PC, equipo co que concorre a unha licitación para dotar ás escolas públicas brasileiras.

PUBLICIDADE