Monster Hunter: World chegará a consolas o 26 de xaneiro
martes, 19 de setembro do 2017
Entre o xoves e o domingo desenvolverase unha nova edición
do Tokyo Game Show, feira de videoxogos para a que compañÃas como Capcom reservan
algúns anuncios, como a data de lanzamento de Monster Hunter: World,
xogo que finalmente veremos en PlayStation 4 e Xbox One o 26 de xaneiro, cunha
versión para PC que chegará máis adiante. Amais, tamén se detalla que, aparte
da edición estándar, tamén haberá unha edición dixital de luxo (con máis
contidos descargables) e unha edición fÃsica para coleccionistas.
Os xogadores que reserven Monster Hunter:
World en Europa para consola recibirán contidos adicionais (unha armadura, un
talismán e un par de temas con ilustracións do xogo no caso da PS4); a edición
dixital de luxo do xogo inclúe de xeito adicional o conxunto do samurai (3
xestos extra, 2 conxuntos de adhesivos extra, 1 pintura facial extra e 1
peiteado extra); e para os máis entusiastas, existe unha edición para coleccionistas
que inclúe todo o anterior e tamén unha figura de Nergigante (cunhas dimensións
aproximadas de 170 x 140 x 125 milÃmetros), a banda sonora especial do xogo e
un libro de ilustracións.
A maiores, Capcom tamén preparou un novo tráiler do xogo para amosar durante o
Tokyo Game Show:
- Asà é a edición para coleccionistas de Monster Hunter: World