Mos planta cara á fenda dixital cun curso de eAlfabetización

martes, 27 de agosto do 2019 Fernando Sarasketa

A Axencia de Colocación de Mos va organizar nesta recta final da tempada estival unha acción formativa para derrubar barreiras de empregabilidade: as barreiras que separan os profesionais con coñecementos tecnolóxicos daqueles que non os teñen. Estamos a falar dun Curso de Alfabetización Dixital cuxo desenvolvemento está previsto entre os días 29 de agosto e 5 de setembro, na sede da Axencia de Colocación. As persoas interesadas xa poden inscribirse. O curso é de balde e facilita os coñecementos “básicos e imprescindíbeis” para o uso dun computador.
Tamén se dirixe a familiarizar aos participantes coas metodoloxías precisas para tirar proveito do seu equipo informático, e coas recomendacións básicas para un uso diario persoal e laboral.
Impartirase do 29 de agosto ao 5 de setembro, de 9:30 a 13:30 horas.
Segundo informa o Concello a conto da orixe desta actividade, o curso quere responder a unha demanda crecente: a demanda de alfabetización dixital en todo tipo de sectores e empresas. Amais, engade, “a tecnoloxía xa está presente no día a día de todas as firmas que queiran ser competitivas”, polo que a formación TIC resulta moi aconsellábel de cara a unha boa integración no mercado laboral. “Trátase dun curso totalmente gratuíto pensado para persoas que se inician no uso do computador e Internet”, explica o Concello, engadindo que as as persoas que queiran inscribirse xa poden facelo nas instalacións da Axencia de Colocación.

PUBLICIDADE