Motorola presenta AURA, o Rolex dos móbiles
martes, 21 de outubro do 2008
Inspirándose nos reloxos
de luxo Motorola
achega o seu móbil AURA, que ten un acabado moi coidado, sorprendendo
pola súa pantalla circular, unha lente de cristal de zafiro de 62
quilates, estar formado por máis de 700 compoñentes individuais, un sistema de
apertura xiratorio (tipo navalla), unha carcasa de aceiro inoxidable e un prezo
que o afasta de case todos os petos, pois se
venderá no último trimestre do ano a uns 2.000 dólares.
Polo demais non é un móbil destacable, pois se limita a ser un terminal cuatribanda
con conectividade GSM (ou sexa, que nin sequera soporta 3G), unha cámara de só
2 Mpíxeles, Bluetooth estéreo, porto microUSB, reprodutor multimedia e unha
autonomía de 7,3 horas en conversa e 400 horas en espera.
Animación de presentación do carísimo móbil de Motorola