Motorola presenta os seus novos receptores/gravadores de televisión por cable en alta definición

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O CES 2008 de Las Vegas permitirá botar un ollo ós novos set-top boxes de Motorola, a familia DCX, inclúe soporte de vídeo en alta definición e capacidade de son envolvente, o que permitiría achegar ós usuarios de televisión por cable unha grande calidade audiovisual combinada con opcións avanzadas coma o time shift e a gravación.
Os novos terminais DCX son compatibles tanto con compresión MPEG-2 coma con MPEG-4 (AVC) de xeito que serían unha solución axeitada para a transición á alta definición por parte de operadores de cable.
Os modelos que formarán esta nova serie de STB son o DCX3400 (con dobre sintonizador, alta definición e capacidade de gravación), o DCX3200 (con só 1 sintonizador, e soporte de alta definición) e o DCX100 (con só 1 sintonizador, soportando entradas de alta definición pero con saída en definición estándar).
Esta nova liña de receptores de televisión comezarán a distribuírse no terceiro trimestre de 2008.

PUBLICIDADE