Movistar Plus+ chega a un acordo con DAZN para ofrecer os partidos de LaLiga
martes, 29 de marzo do 2022
O pasado decembro sóubose que os
dereitos das vindeiras 5 tempadas de LaLiga repartÃanse entre Movistar e DAZN,
e finalmente DAZN
pechou un acordo de distribución non exclusivo con Movistar Plus+, de xeito
que esta plataforma, aparte dos encontros deportivos dos que xa ten dereitos de
emisión faise tamén cos 175 encontros de LaLiga para as tempadas 2022/23 a
2026/27 como parte da oferta de DAZN integrada en tal plataforma, tanto a través
da súa aplicación como das súas canles lineais.
Cómpre salientar que os afeccionados ao fútbol que non sexan clientes de
Movistar Plus+ poderán contratar o paquete DAZN LaLiga directamente na aplicación
móbil de DAZN, accedendo asà a 5 partidos por xornada. É de esperar que nas vindeiras
semanas tamén saibamos de acordos de distribución dos contidos de DAZN a través
de varios operadores de telecomunicacións.