Mundos Digitales supera os 1.500 asistentes
luns, 10 de xullo do 2023
O Congreso Internacional
de Animación, Efectos Visuais e Novos Media Mundos Digitales
pechou o pasado sábado a súa edición 21º coa maior afluencia de público na súa
historia, con máis de 1.500 asistentes, sendo tamén relevante a participación
de preto de 30 empresas na Feira de Emprego e un programa con máis de 30
relatorios, presentacións, charlas e eventos para profesionais do sector. En
vista de tal éxito non houbo dúbidas á hora de citar aos asistentes a volver á
Coruña entre os dÃas 4 e 6 de xullo de 2024.
Na xornada de clausura, aparte de completarse o programa de actividades,
celebrouse a entrega de premios que recoñecen o traballo dos profesionais do
sector. Aparte do Premio Especial Mundos Digitales para Juan Cañada
(profesional con grandes aportacións ao mundos dos gráficos xerados por ordenador),
tamén se entregaron outros 4 galardóns:
- Mellor Curtametraxe de Animación e
Premio Especial do Público para Canary,
unha fermosa mostra da tecnoloxÃa ao servizo da emoción e a creatividade.
- Mellor Curtametraxe de Animación
Nacional para Amarradas,
obra que o xurado recoñeceu pola súa mensaxe profunda, que conseguiu o seu
obxectivo sen grandes artificios visuais.
- Premio Especial do Xurado para Tribes,
obra que conseguiu o recoñecemento do xurado polo enorme talento narrativo e
técnico amosado nunha breve peza audiovisual.