NBA 2K10 estrea demo para Xbox 360

martes, 29 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE recibiu hoxe a demo do xogo NBA 2K10, de xeito que poderemos comparar de xeito doado este título co seu principal competidor (o NBA LIVE 10, que recibiu demo hai pouco máis de dúas semanas), permitíndonos revivir as finais da NBA de 2009 cuns gráficos espectaculares, replicando os movementos característicos dos xogadores e incorporando moitas novidades con respecto do NBA 2K9.
Esta franquía continúa a ser a que máis vende entre os xogos de baloncesto, converténdose en todo un canon para este tipo de xogos, que nesta nova entrega que chega ás tendas en pouco máis dunha semana presenta elementos coma NBA Today (con información actualizada da actualidade da NBA), My Player Mode (un modo carreira, no que creamos o noso propio xogador da NBA partindo dun novato), información ao día dos equipos e xogadores, unha experiencia de xogo en liña na que podemos pasar de competir cun amigo real a enfrontarnos cunha intelixencia artificial en calquera momento e incluso reproduce a sinatura dos equipos da NBA reais na súa contrapartida electrónica, creando unha experiencia de xogo moi realista que leva a NBA 2K10 ao seguinte nivel.

PUBLICIDADE