NBA 2K13 terá voces en español
mércores, 22 de agosto do 2012- Jorge Quiroga, Sixto Miguel Serrano e Antonio Daimiel son os encargados de pór as voces ao xogo de 2K Games
A entrega deste ano do xogo de baloncesto de 2K Sports, NBA 2K13, non só vai contar con maior
nivel técnico da saga e a posibilidade de xogar co mÃtico Dream Team, senón que tamén enriquecerase cos comentarios de
Antonio Daimiel, Sixto Miguel Serrano (Canal+) e Jorge Quiroga (Marca), de
xeito que será a primeira
vez que esta franquÃa chegue dobrado ao español, atendendo asà á alta
demanda que este serie de xogos ten en España.
Para facer posible a localización das voces de NBA 2K13 foron precisas máis de 200 horas nos estudos de gravación,
o que permitirá que os seareiros da saga poidan ter unha experiencia o máis
realista posible.
O xogo inclúe voces en inglés, e para poder gozar das mesmas en español será
preciso facer uso dun código de descarga incluÃdo no xogo orixinal para PS3 e
Xbox 360, que chega de balde para os usuarios españois, mentres que dende fóra
de España será preciso pagar pagar para facerse con este contido.
NBA 2K13 chegará a Xbox 360,
PlayStation 3, PSP, Wii e PC o vindeiro 5 de outubro, mentres que a versión
para Wii U estará dispoñible máis adiante (polo mero feito de que a consola
aÃnda non estará á venda en tal data).
- Entre as novidades do NBA 2K13 está a posibilidade de poder xogar co mÃtico Dream Team