NBA 2K18 sairá á vena o 15 de setembro

luns, 8 de maio do 2017 Marcus Fernández

A franquía de xogos de baloncesto que domina o mercado ten xa data para a versión deste ano, de xeito que xa sabemos que o xogo NBA 2K18 chegará ás tendas europeas o 15 de setembro en versións estándar, Edición Leyenda e Edición Leyenda Gold. Os responsables do xogo tamén veñen de anunciar que a estrela que ocupará a portada deste título será Shaquille O’Neal, un dos rostros máis coñecidos da NBA, que incluso chegou a ter un videoxogo de loita (Shaq Fu).
A Edición Leyenda de NBA 2K18 incluirá numerosos contidos adicionais fronte á edición estándar, como 100.000 VC, 20 MyEQUIPO (incluíndo unha tarxeta garantida de Shaq e carta de Team2K), zapatillas Shaq Attaq, camiseta e equipamento de Shaq e un anel de campionato; mentres que a Edición Leyenda Gold incluirá adicionalmente 150.000 VC (ou sexa, un total de 250.000 VC), 20 lotes de MyEQUIPO (ou sexa, 40 en total) e a colección de camisetas de Shaq.

Tráiler do xogo con subtítulos en español

PUBLICIDADE