NBA NOW, un novo xogo de baloncesto para Android
mércores, 23 de outubro do 2019
Esta
semana Gamevil publicou na tenda de aplicacións de Google Play o xogo NBA
NOW: Mobile Basketball, un tÃtulo que pode coller por sorpresa xa que é
un xogo con licenza oficial da NBA (de xeito que amosa equipos e xogadores
reais) que atrévese a competir con xogos moi consolidados como os de 2K Games e
EA Sports, apostando desta volta polo modelo de negocio free-to-play.
Este novo xogo presenta uns controis sinxelos para un manexo doado e áxil en
pantalla táctil, aÃnda que ao apostar por unha disposición vertical da pantalla
a súa xogabilidade resÃntese seriamente, facendo que o xogo perda moitos
puntos, xa que non amosa unha perspectiva que facilite a localización de todos
xogadores para a planificación das xogadas.
NBA NOW presume de contar con estatÃsticas da NBA actualizadas, e
permite gañar premios a diario por predicir os equipos que gañarán na tempada
normal da NBA, o que posiblemente é o principal atractivo deste xogo para
móbiles. Tamén conta de modo competitivo en liña.