NGM Harley-Davidson, o smartphone con Windows Phone 8.1 máis moteiro

luns, 17 de novembro do 2014 Marcus Fernández

NGM está a comercializar para Europa un novo smartphone con Windows Phone 8.1 que destaca entre o resto de terminais co sistema operativo de Microsoft por ser un produto con licencia oficial da marca Harley-Davidson e, de feito, entre todos os que merquen este móbil sortearán até o 30 de xuño de 2015 sortearán unha Harley-Davidson Sportster Forty-Eight valorada en 12.100 euros e unha chaqueta de coiro Harley-Davidson valorada en 600 euros.
O curioso móbil ten unhas prestacións de gama media, cunha pantalla IPS de 5 polgadas cunhas resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 32 Gb), cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, GPS, Bluetooth 4.0, Wi-Fi, batería de 2.000 mAh, un grosor de 8,5 milímetros e, por desgraza, un prezo bastante elevado: 269,90 euros.

Este smartphone parece querer chegar ao mercado como un produto premium pese a que as súas prestacións sexan de gama media-baixa

PUBLICIDADE