Naruto to Boruto: Shinobi Striker estrea beta para PS4 o vindeiro venres

luns, 19 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

A franquía de Naruto resístese a dicir adeus, e completada a súa serie televisiva orixinal continúa a dar moito de si, tanto en pequena pantalla como en consolas, sendo o vindeiro xogo que teremos da mesma Naruto to Boruto: Shinobi Striker, un título multixogador en liña no que os xogadores poderán loitar xunto aos seus personaxes favoritos e descubrir un novo estilo de xogo desenvolvido en escenarios tridimensionais e dotado de gráficos innovadores, convidando a colaborar cos amigos para progresar como ninja.
Neste novo xogo poderemos desafiar a usuarios de todo o mundo en batallas de 4 contra 4, e aínda que falta bastante para que este xogo sexa unha realidade para PS4, Xbox One e PC, os usuarios de PlayStation 4 poden descargar de balde dende hoxe a súa beta aberta, que permitirá crear o noso propio ninja e loitar contra outros xogadores no principal modo de xogo durante a vindeira fin de semana.

Tráiler de Naruto to Boruto: Shinobi Striker

PUBLICIDADE