Naturgy achega aos seus clientes asistencia médica de balde por vÃdeo-chamada
martes, 24 de marzo do 2020
A
eléctrica Naturgy anunciou a posta en marcha dun servizo para axudar
aos seus clientes a facer fronte á pandemia de coronavirus. Trátase,
máis polo miúdo, da posibilidade de obteren asistencia médica de
balde mediante vÃdeo-chamada. Este servizo estará a disposición
dunha comunidade de usuarios integrada en Galicia por máis de 1
millón de clientes. As consultas, sen cita previa, poderán
realizarse por teléfono, web ou aplicación móbil os 7 dÃas da
semana, durante as 24 horas.
Estará
activo durante eses meses, tentando axudar aos usuarios a sortear un
dos principais problemas derivados do estado de alarma: a
imposibilidade de facer desprazamentos máis alá do puramente
esencial.
Para
poder contar con esta asistencia as persoas interesadas deberán
rexistrarse na súa área privada na
web da compañÃa.
Este
servizo inclúe información médica de primeiras actuacións en
casos de emerxencia, medicación e posoloxÃa para pediatrÃa e
medicamento xeral. En caso de emerxencia, avisarase ao servizo 112
para envÃo de ambulancia no territorio nacional.
En
Galicia, a compañÃa conta con máis de 1 millón de clientes, en
concreto 1.080.504 entre o mercado liberalizado e o regulado, aos que
se lles facilita acollerse a esta nova cobertura de balde. En total,
7 millóns de fogares teñen acceso a esta medida en España.
A
iniciativa forma parte do plan de axudas lanzado pola compañÃa para
paliar a crise sanitaria do coronavirus, amais do fornecemento
gratuÃto de electricidade e gas a hoteis e residencias que cedan as
súas instalacións á sanidade pública, as facilidades de pago de
facturas a PEME e autónomos e a protección aos colectivos máis
vulnerábeis.