Need for Speed: Hot Pursuit Remastered sairá á venda nun mes
luns, 5 de outubro do 2020
O xogo
de condución Need for Speed: Hot Pursuit conseguiu deixar unha profunda
pegada hai unha década, recibindo numerosos galardóns e sendo considerado como
un dos mellores xogos de condución dos últimos anos, e para celebrar o seu
décimo aniversario confirma que o vindeiro 6 de novembro chegará a PC,
PlayStaton 4 e Xbox One unha versión remasterizada que unha semana máis tarde
contará tamén con versión para Nintendo Switch, permitindo que xogadores da
anterior xeración de consolas poidan gozar dun grande éxito da anterior
xeración.
Need
for Speed: Hot Pursuit Remastered contará con importantes melloras
gráficas, e aÃnda que a versión de Switch estea limitada a Full HD a 30 imaxes
por segundo (ao igual que as versións base de consolas domésticas) en ordenador
persoal e consolas avanzadas (PS4 Pro e Xbox One X) será posible elixir entre
xogar a 4K a 30 imaxes por segundo ou Full HD a 60 imaxes por segundo. Todas as
versións inclúen melloras en reflexos e texturas, maior número de partÃculas e
incluso unha interface de uso actualizada, que chegará coa garantÃa do bo facer
de Stellar Entertainment, estudio formado con talento de Criterion que estivo
detrás do aclamado Burnout Paradise Remastered.
Un dos detalles máis interesantes deste lanzamento é que contará con xogo
cruzado, ou sexa, que os usuarios das distintas consolas poderán competir entre
si en liña e, para quen prefira o xogo asÃncrono, tamén recupera o seu
revolucionario sistema de Autolog (tamén multi-plataforma), que permite
compararnos cos nosos amigos aÃnda que non poidamos coincidir en horario para
xogar.
Tráiler de presentación de Need for Speed: Hot Pursuit Remastered