Negan que Musk vaia mercar TikTok para evitar o seu bloqueo nos EE.UU.
martes, 14 de xaneiro do 2025
Ante a previsión de que a aplicación TikTok pase a ser prohibida nos EE.UU. a partir do vindeiro domingo están a xurdir informacións bastante rechamante, como a publicada por Bloomberg, medio que asegura que hai oficiais chineses avaliando a opción de que Elon Musk adquira a división estadounidense de TikTok para evitar o boqueo da aplicación, aÃnda que matizan que prefiren que a aplicación continúe a ser propiedade de ByteDance e que seguen a apostar polas apelacións xudiciais.
Dende Variety responderon rapidamente negando o publicado por Bloomberg, pois ao querer contrastar a información con representantes de TikTok recibiron como resposta un expeditivo «non se pode esperar que comentemos o que é pura ficción».
O bloqueo de TikTok realizarÃase ante o suposto de que actualmente é propiedade dunha compañÃa chinesa, o que farÃa posible que China empregase a plataforma social para espiar e para exercer a manipulación polÃtica, polo que esixen que para seguir a operar teña que pasar a mans de capital estadounidense.
Esta argumentación é moi perigosa, pois poderÃa entenderse que as plataformas sociais estadounidenses están a empregarse internacionalmente para espiar e influÃr en procesos electorais para favorecer os intereses norteamericanos, asà como tamén poderÃa servir para xustificar calquera medida proteccionista ante iniciativas tecnolóxicas de éxito que procedan doutros paÃses.
Curiosamente a ameaza de desaparición de TikTok está a levar que outras aplicacións semellantes procedentes da China estean a medrar en descargas e uso, como é o caso de RedNote e Lemon8, aÃnda que esta reacción poderÃa quedar nun simple espellismo, pois RedNote ten a súa interface predeterminada en chinés (facendo que o seu uso sexa demasiado complicado para usuarios que non falen tal lingua) e Lemon8 é da propia ByteDance (polo que correrÃa a mesma sorte que TikTok).