Netflix perdeu 1 millón de usuarios en España no primeiro trimestre do ano
mércores, 26 de abril do 2023
O
último estudo Entertainment on Demand de Kantar Worldpanel en España
revela interesantes comportamentos do mercado do vÃdeo baixo demanda durante o primeiro
trimestre de 2023, como que o 4% dos fogares contrataron un novo servizo de streaming
de pagamento, sendo a plataforma que máis novas subscricións captou Amazon
Prime Video (co 34,4% das altas), que incluso logrou colocarse por diante da
nova SkyShowtime (que comezou con forza, con 32,6% das novas subscricións de
pagamento, ao que poderÃa ter influÃdo de xeito importante a súa promoción de
lanzamento co 50% de desconto).
O tÃtulo máis visto en España no primeiro trimestre de 2023 serÃa The Last
of Us de HBO Max, seguida pola serie española La chica de nieve de
Netflix.
Precisamente sobre Netflix dende Kantar destacan que o feito de que en febreiro
comezase a súa campaña contra compartir contrasinais supuxo un duro golpe para
a compañÃa, que terÃa perdido de vez un millón de usuarios, triplicando a taxa
de abandono no primeiro trimestre de 2023 con respecto ao primeiro trimestre do
ano anterior. Preto da metade dos usuarios que abandonaron Netflix aseguraron
que non pagarán polo servizo, e de cara ao segundo trimestre do ano prevese que
o 10% abandonen a plataforma, o que serÃa unha taxe de baixas moi superior á media.
Netflix confÃa en recuperar usuarios a longo prazo (de aà que estean a
potenciar o seu plan con anuncios).
Tamén salientan que máis da metade dos usuarios que deixaron Netflix no
primeiro trimestre de 2023 contaban cunha subscrición a Prime Video, polo que
Amazon serÃa unha das grandes beneficiadas dos malos tempos que está a vivir Netflix.